Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aloxan nun hotel a veciña de Antas de Ulla que perdeu todo nun incendio

Aloxan nun hotel a veciña de Antas de Ulla que perdeu todo nun incendio

O lume parece que tivo a súa orixe nunha cheminea de leña

A vivenda quedou totalmente detruída polo lume
G24.gal 25/10/2021 13:54

Totalmente arrasada, así quedou a casa de madeira que ardeu na parroquia de Santiso, en Antas de Ulla. Tras dar aviso a propia dona, que saíu ilesa, ata o lugar desprazáronse para sufocar as lapas os bombeiros de Chantada e mailos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Monterroso, que ao día seguinte volveron para controlar que non reavivase o incendio.

Ao parecer, o lume tivo a súa orixe nunha cheminea de leña, dende onde se espallou ao resto da vivenda.

De feito, a muller que residía nela perdeu todas as súas pertenzas. Posúe outra casa de madeira moi próxima, pero carece de luz e de auga. Agora aspira a acondicionala, pero mentres está a aloxarse nun hotel ás aforas da vila que se ofreceu a pagarlle o Concello de Antas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar