Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López fai autocrítica, pero destaca que "malia todo o malo" seguen en playoff

Álex López fai autocrítica, pero destaca que "malia todo o malo" seguen en playoff

Álex López: "Non podemos perder a ambición nin a esixencia"

G24.gal 27/02/2024 15:29 Última actualización 27/02/2024 15:36

As sensacións e os resultados están frustrando aos ferrolás despois de non marcar nos tres últimos encontros e ter sen encetar a listaxe de vitorias na Malata en 2024.

"Levamos 28 xornadas, temos 43 puntos, seguimos en 'playoff'. Malia todo o malo, seguimos aí".

"Pero non podemos perder a ambición nin a esixencia. Ser conscientes de que non estamos ben".

Ese plus que demanda Álex López pasa por recuperar antes ca nada a solidez defensiva e a concentración de antano.

O propósito da emenda racinguista ten unha nova proba este sábado na Malata onde hai quince días o equipo demostrou carraxe para xogar cun menos máis dunha hora impulsado polo alento da bancada. Entre público e xogadores deben demostrar, diante do Racing de Santander, que comeza a volta ao rego dos resultados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade