Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aitana Bonmatí leva a España á súa primeira final da Eurocopa no minuto 113

Aitana Bonmatí leva a España á súa primeira final da Eurocopa no minuto 113

Foi tamén a primeira vitoria ante Alemaña

G24.gal 24/07/2025 08:56 Última actualización 24/07/2025 09:02

Cun gol no minuto 113, Aitana Bonmatí tombou a Alemaña para levar a España á súa primeira final da Eurocopa de fútbol en que se cruzará con Inglaterra este domingo en Basilea.

Chegou a primeira vitoria ante Alemaña. E en que momento. España tirou dous muros en Zürich. Nunca chegara a unha final da Eurocopa. Nunca gañara a Alemaña. Pero sempre hai unha primeira vez. España, sostida polas paradas de Cata Coll que forzaron a prórroga, cobrou a vinganza do bronce olímpico para eliminar a selección xermana e haberá unha reedición da final do mundial.

Seguen escribindo a historia. Na tensión da prórroga apareceu Aitana Bonmatí. A centrocampista, afectada no inicio do torneo por unha meninxite vírica, recibiu un balón de Athenea e, pegada á liña de fondo tras un sensacional movemento, cruzou o coiro para superar a Berger no primeiro pau e clasificar a España á súa primeira final. As campioas do mundo loitarán polo único título que lles falta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade