Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agóchanse no faiado e rouban todas as ofrendas de ouro na igrexa de Arcade

Agóchanse no faiado e rouban todas as ofrendas de ouro na igrexa de Arcade

Entre as pegadas que deixaron atoparon un guante de látex

Saíron por unha das portas principais que se abre dende o interior

As imaxes das virxes foron despoxadas de todas a súas ofrendas
G24.gal 10/01/2022 13:01

Roubo na igrexa de Arcade. Fixéronse pasar por persoas devotas chegadas de fóra. Asistiron á misa e, unha vez rematada, agocháronse dentro da igrexa. Cando todo o mundo marchara, incluído o cura, aproveitaron para esquilmar o templo de cartos e xoias.

Ao parecer, o método empregado xa o usaron no último mes para roubar na igrexa de Soutomaior e tamén fixeron unha tentativa do mesmo xeito na de Gondomar, aínda que alí non lles saíu ben a cousa. As ladroas fanse pasar por mulleres devotas que van rezar mentres estudan os lugares, a situación das alarmas e onde están a xoias para despois cometer o delito.

Non tocaron a arte sacra nin as imaxes, só as moveron para poder coller algunhas pezas. Levaron as ofrendas en ouro que fixeron os fregueses, cadeas e pulseiras que estaban nas imaxes da Virxe do Carme, a do Rosario ou a Inmaculada. O cura da parroquia de Santiago de Arcade puxo unha denuncia na que valorou o que levaron nuns 1.300 euros.

"Cremos que tiveron que subir cando estaba unha porta aberta e meterse no faiado, e claro, cerra a porta e quen o mira. Despois abre por dentro e é cando tapa os sensores da alarma mentres o cura estivo facendo unhas partidas de bautismo. Nun cuarto de hora tapou os sensores e despois quedaron libres toda a noite", di o sancristán, Luciano Loira Lorenzo.

Unha muller apareceu pola igrexa a metade da semana dicindo que estaba de vacacións, e aproveitou para facer unhas fotos do templo. Despois acudiu varias veces e aparentaba estar rezando, mentres, se supón, estudaba o lugar. Na fin de semana volveu par ir a misa, con outra muller e agocháronse na zona do coro, mentres o cura pechou a igrexa. Sospeitan que elas taparon con cinta americana os sensores das alarmas, cando o cura aínda estaba na sacristía. Esperaron a que se fora e roubaron todas a ofrendas e tres billetes de cinco euros.

"Quen veu facer o mal veu primeiro a tentear todo, igual sacaron fotos, porque ninguén está vixiando. Viñeron tentear e despois viñérona facer", asegura Luciano.

Despois saíron por unha das portas principais e deixárana achegada para que non se vise que estaba aberta. Non se deron de conta do roubo ata o día seguinte, ao ir limpar a igrexa. A Garda Civil está a investigar o roubo, entre as pegadas que deixaron atoparon un guante de látex.

Publicidade
Publicidade
Publicidade