Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Afondamos no virus da varíola do mono: certezas e incertezas
Coñecida dende hai setenta anos, a varíola do mono é endémica de África
Polo momento apenas hai douscentos casos confirmados e ningún reviste gravidade
 
            
                            G24.gal
                        
                            28/05/2022 15:30
                        
                        
                        
                        
                    
                    Apenas logramos saír dunha pandemia e xa outro virus está ocupando titulares. Por agora o número de casos é moi reducido. Os virólogos volven recomendar cautela e medidas profilácticas nas relacións sociais para evitar as transmisións.
Coñecida dende hai setenta anos, a varíola do mono, endémica de África, sorprende agora o mundo occidental por varios gromos rexistrados nunha vintena de países. Houbo algún caso en Estados Unidos en 2003 e dábase por extinguida en Europa, pero desde 2018 detectáronse casos esporádicos no Reino Unido.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
                