O Sergas confirma un gromo de varíola do mono con sete casos na provincia da Coruña
Dous dos casos teñen relación cunha sauna da Coruña áinda que a orixe non está clara
Ante este escenario, o Sergas recolle mostras para investigar a variante da varíola á que pertence o brote
A Consellería de Sanidade confirmou un gromo de varíola do mono con sete casos na provincia da Coruña, pero a orixe do mesmo "non está claro".
Así, o departamento autonómico que dirixe Antonio Gómez Caamaño detallou que Galicia rexistrou, entre o 15 de decembro de 2025 e o 25 de xaneiro de 2026, un total de nove casos de varíola do mono, sete deles na provincia da Coruña.
Desta forma, dous dos casos teñen vinculación cunha sauna da Coruña, mentres que entre os outros casos algúns teñen vínculos con establecementos de fóra de Galicia, polo que a orixe do gromo "non está claro".
Ante este escenario, a Consellería pon o foco en "practicas sexuais de risco e na vacinación" e aconsella o uso de preservativo, vacinación preventiva contra esta enfermidade nos grupos de risco e consultar co médico en caso de ter síntomas ou lesións compatibles.
Así, a rápida detección de novos casos é fundamental para "cortar as cadeas" de transmisión. Por iso, tras a notificación de sospeita ou casos confirmados o Sergas recolle mostras para a confirmación ou investigación da variante á que pertence, dan indicacións de illamento e hixiene aos casos confirmados e buscan contactos estreitos para facer seguimento e indicar a vacinación se é necesario.