Cargando resultados...
Adxudicadas as obras da nova estación de tren de Santiago
Os traballos custarán 30 millóns de euros

Antón Montero
23/11/2021 20:34
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias adxudicou as obras do novo edificio de viaxeiros da estación de tren de Santiago. As construtoras Copasa e Taboada Ramos executarán os traballos, presupostados nalgo máis de 30 millóns de euros.
O novo edificio alzarase sobre as vías e formará unha mesma unidade coa terminal de autobuses inaugurada a pasada primavera.