Cargando resultados...
Advirten do inminente desabastecemento de pan pola falta de fariña
Os fabricantes cren que a escaseza de pan pode comezar en dous días se non hai solucións
Pídenlle ao Goberno solucións urxentes e que haxa camións escoltados para levar fariña
As panaderías galegas advirten de que xa case non teñen reservas de fariña
G24.gal
23/03/2022 20:04
De dous a catro días. É o tempo que podemos tardar en quedar sen pan, segundo a previsión da Federación galega de fabricantes. O motivo, que o paro no transporte impide que lles chegue a fariña que necesitan para elaboralo.
Moitos foron previsores e almacenaron máis fariña do habitual para evitar o colapso, pero non contaban con que o conflito se prolongase tantos días. Por iso esíxenlle solucións ao Goberno, mesmo escoltando camións.
Estes problemas veñen a sumarse aos que xa sufría o sector polo encarecemento das materias primas e da enerxía.