Adrià Altimira explica a melloría do Deportivo: "Agora somos máis fiables"
O Deportivo xoga o domingo en Huesca, nun partido ofrecido en directo pola primeira canle da TVG
Adrià Altimira, xogador do Deportivo, explicou as claves da melloría do equipo nas últimas semanas, asegurando que aos poucos se vai vendo "un gran equipo".
O futbolista considera que agora teñen "as cousas claras" e que iso lles axudará nos partidos decisivos que quedan.
"Somos máis fiables, tanto defensivamente como ofensivamente", afirmou.
O Deportivo depende de si mesmo na carreira polo ascenso. Alti cre que hai que ir "partido a partido" para non caer en excesos de confianza. O vestiario está centrado.
"Cada partido vai ser moi difícil. Somos conscientes do que nos xogamos cada partido. Enfocámonos en facelo ben, en levarnos a vitoria".
O Deportivo xoga o domingo en Huesca, nun partido ofrecido en directo pola primeira canle da TVG.