Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adif completa a perforación do túnel de Oural, na renovación da liña Monforte-Ourense-Lugo

Adif completa a perforación do túnel de Oural, na renovación da liña Monforte-Ourense-Lugo

Este túnel constrúese en paralelo ao actual, ao que vai substituír

G24.gal 01/03/2024 16:55 Última actualización 01/03/2024 17:25

O túnel do Oural constrúese en paralelo ao actual, ao que vai substituir.

A escavación finalizada por cada unha das súas bocas progresou a un ritmo de cinco metros diarios.

O túnel de Oural é unha das principais actuacións do plan de renovación integral que se impulsa na liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 quilómetros), á que se destina un investimento de máis de 550 millóns de euros, mobilizada na súa práctica totalidade, o que permitirá a conexión coa alta velocidade con Ourense.

O novo túnel albergará vía única electrificada e contará con tres saídas de emerxencia (unha cada 500 metros), que conectarán coa galería de evacuación, na que se converterá o túnel actual, unha vez se levanten a vía e o resto dos equipos ferroviarios e se acondicionen. Unha das tres galerías de evacuación será apta para vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade