Adían no Courel a desconexión de Internet e telefonía por cobre
Adían no Courel a desconexión de Internet e telefonía por cobre
A compañía telefónica está a avaliar as reclamacións dos seus clientes

Respiro para os veciños de Folgoso do Courel. Adían a desconexión da rede de telefonía fixa por cobre e de Internet. A compañía telefónica está a avaliar as reclamacións dos seus clientes.
Movistar dá marcha atrás e finalmente hoxe non cortará a conexión de telefonía fixa nin Internet. A compañía quere desconectar a rede de cobre e instalar fibra óptica, pero o problema é que pola orografía esta non pode chegar a todos os recunchos do municipio.
Onde non é posible a fibra, as alternativas que ofrecen é unha rede de ondas de radio, pero non convence os usuarios porque din que non funciona ben. O corte da rede de cobre prexudica moito os negocios locais.
A veciñanza di que a medida destinada a abaratar custos de mantemento fomenta o despoboamento e o abandono da zona rural.