Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adiántanse a compra das cestas do Nadal por medo ao desabastecemento

Adiántanse a compra das cestas do Nadal por medo ao desabastecemento

Hai atrasos polos problemas de transporte e pola escaseza e o encarecemento das materias primas

G24.gal 15/11/2021 22:14

Queda pouco máis dun mes para o Nadal e moitos axilizan a compra das tradicionais cestas por medo a quedaren sen ela. Hai atrasos na chegada dalgúns produtos e mesmo desabastecemento, por exemplo, dalgunhas bebidas típicas.

Son produtos de importación, sobre todo procedentes do Reino Unido, que non están chegando e teñen que substituírse por outros. Hai atrasos polos problemas de transporte, pero tamén pola escaseza e o encarecemento das materias primas. Un exemplo: a madeira que se usa para preparar estes paquetes encareceu un 40 por cento.

Así pois este ano veremos cestas con produtos diferentes e, en moitos casos, algo máis caras do que vén sendo habitual.

A crise de materias primas e os problemas de loxística están a provocar que falten moitos produtos habituais. A situación preocupa, e moito, nos comercios.

O incremento nos gastos de transporte e no prezo de materiais como o vidro, o plástico ou a madeira van provocar un encarecemento dos produtos e das cestas. Agárdase que os problemas non vaian a máis e dis que, de todos os xeitos, hai moitas alternativas para preparar unha cesta do Nadal da máxima calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar