Cargando resultados...
Actuación estelar de Marqueta no triunfo do Ourense no Vero Boquete
O porteiro ourensán evitou na segunda parte todos os intentos do Compostela (0-1)
Amin logrou o quinto gol da temporada
G24.gal
01/10/2023 21:12
O Ourense C. F. apoiouse nos seus dous alicerces para sumar os tres puntos no Vero Boquete de San Lázaro. No aspecto ofensivo, a importancia de Amin é vital. Marcou o quinto gol da temporada no minuto 26 e deulle a vitoria ao seu equipo.
Tampouco sería posible sen a grande actuación de Raúl Marqueta. O exporteiro do Compostela amargoulle o serán ao que foi o seu equipo. Fixo intervencións de todas as cores, sobre todo, dúas no engadido que evitaron que o resultado fose moi diferente.