Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vento forte obriga a retirar os medios aéreos do lume de Baleira

O vento forte obriga a retirar os medios aéreos do lume de Baleira

O lume leva queimadas unhas 120 hectáreas e iniciouse na parroquia de Cubilledo arredor das cinco da tarde de onte

G24.gal 28/03/2023 21:02 Última actualización 28/03/2023 21:12

O incendio forestal que permanece activo desde a tarde deste martes no concello lugués de Baleira xa queimou unhas 120 hectáreas, segundo a última actualización da Consellería do Medio Rural. 

Seguen traballando para controlar o lume, cun operativo formado por 20 brigadas, 10 motobombas, dous técnicos e unha escavadora. Cando o vento o permita, incorporaranse de novo os medios aéreos: dous avións e tres helicópteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade