Activistas lanzan sopa de tomate contra 'Os xirasoles' de Van Gogh na National Gallery
As dúas activistas xa foron detidas
Pertencen a organización Just Stop Oil que loita contra o cambio climático
Dúas persoas tiraron este venres sopa de tomate sobre o cadro de 'Os xirasoles' de Van Gogh na National Gallery de Londres e despois foron detidas pola policía, informou Scotland Yard.
Nun chío, a policía informou de que dúas activistas da organización Just Stop Oil lanzaran unha substancia sobre o cadro e que "logo golpearon contra unha parede. Ambos foron detidos por danos criminais e violación agravada dunha propiedade".
A organización 'Just Stop Oil' colgou na súa conta de Twitter o video das dúas activistas tirando unha sustancia contra o cadro dos xirasois e cun texto no que se le: "A creatividade humana e a brillantez están expostas nesta galería¡, aínda que o noso patrimonio está a ser destruído pola incapacidade de noso Goberno para actuar sobre a crise climática e do custo da vida".
🥫 JUST STOP OIL SUPPORTERS CHOOSE LIFE OVER ART 🥫
— Just Stop Oil ⚖️💀🛢 (@JustStop_Oil) October 14, 2022
🎨 Human creativity and brilliance is on show in this gallery, yet our heritage is being destroyed by our Government’s failure to act on the climate and cost of living crisis.#VanGogh #FreeLouis #FreeJosh #CivilResistance pic.twitter.com/gXXGLsi0ej
A National Gallery emitiu un comunicado dando conta dos feitos, que ocorreron ás 11 desta mañá.
Statement from the National Gallery pic.twitter.com/DuZhTbAvbH
— National Gallery (@NationalGallery) October 14, 2022