Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activado un aviso amarelo por frío no sur e suroeste de Galicia

Activado un aviso amarelo por frío no sur e suroeste de Galicia

Baixan as temperaturas mínimas para a fin de semana

Os termómetros poderán descender ata os 4 graos baixo cero

Fortes xeadas e baixan as temperaturas mínimas
G24.gal 21/01/2022 14:40

Terrazas en sombra totalmente baleiras esta mañá en Lalín. Quen máis, quen menos aproveitaba as raiolas para soportar mellor as baixas temperaturas.

 "As temperaturas son hoxe a verdade que moi baixas e ao sol ao mediodía é cando mellor se está, despois a partir das 4 e as 5 xa é complicado", comenta un rapaz sentado nunha terraza

Os días son curtos en xaneiro, polo que ás temperaturas cústalles remontar a baixada que experimentan polas noites. Esta fin de semana van descender aínda máis, polo que hai activado un aviso amarelo por frío e xeadas e cun nordés que vai dar a sensación de aínda máis frío.

 "É tempo de inverno, o que pasa é que estamos moi afeitos ao verán e non é sempre verán", apunta un señor

Agora o que toca é abrigarse.

 "Calcetíns térmicos, pantalóns térmicos e camiseta térmica que me preserve a calor", continúa o señor

"Unha, dúas, tres e a cuarta capa, moi abrigado, si, si, e teño luvas aí tamén, que vai ser vai frío aquí", amosa un rapaz

Todo apunta que xaneiro vai a acabar así, con tempo frío pero seco e solleiro.

"Penso que o imos pagar en agosto, porque este inverno non ten xeito a estas horas tiña que ter nevado xa", lamenta unha señora

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar