Acordo en Finsa para aplicar un ERTE ata marzo de 2023
Finsa aplicará o ERTE nas súas plantas galegas: Santiago, Padrón, Rábade e Ourense
O ERTE tamén introduce unha garantía para que o salario mensual dos traballadores alcance o 90 %
Tamén mantén o 100 % das pagas extras, vacacións e plan de xubilación

Finsa vai aplicar un expediente de regulación de emprego, ERTE, nas súas plantas galegas, Santiago, Padrón, Rábade e Ourense. A empresa chegou a un acordo cos sindicatos para que este ERTE se estenda ata marzo de 2023.
Finsa comunicoullo este xoves á noite aos representantes dos traballadores, tras as negociacións mantidas esta semana.
O pacto implica establecer dous tramos para a aplicación do ERTE, segundo fontes sindicais. O primeiro deles ata finais de ano e coas mesmas condicións do anterior expediente de regulación temporal, 90 % do salario e 100 % das extras, vacacións e plan de xubilación.
O segundo tramo, do 1 de xaneiro a marzo, márcase en función da actividade, de modo que o salario poderá oscilar entre o 85 e o 90 %. O resto de elementos, como as pagas extras, vacacións e plan de xubilación, tamén alcanzará o 100 %.
O ERTE tamén introduce unha garantía para que o salario mensual dos traballadores alcance o 90 %.
Este é segundo ERTE que aplica en 2022
O anterior ERTE acordarano a finais de marzo e extendérase ata o 30 de abril.
O ERTE aplicouse tamén nas súas catro fábricas e afectou a case 1.300 traballadores.
A mediados de marzo de 2022, finsa parara as súas fábricas debido á falta de materias primas e foi cando decidiu presentar o ERTE pola paralización das actividades.