Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aceredo, un ano ao descuberto pola seca

Aceredo, un ano ao descuberto pola seca

É a primeira vez que ocorre nos trinta anos que pasaron desde a construción do encoro do Lindoso

O encoro leva meses ao 14 % da súa capacidade

A vexetación volve medrar en Aceredo
G24.gal 23/08/2022 20:48

A seca deixou á vista os marcos das hortas e, co tempo transcorrido, foi nacendo de novo a vexetación. Non son verzas nin tomates, pero o verde vai reconquistando espazos que levaban trinta anos baixo a auga.

Paco Villalonga, veciño de Aceredo: "Os veciños marchamos, pero a aldea resístese a desaparecer. Que, despois de que a auga arrastrase toda a terra vexetal, volva saír a maleza e que a natureza brote outra vez".

Paco pasou aquí moitos veráns da súa vida, ata que Aceredo desapareceu baixo as augas. Percorrer de novo as rúas que hoxe se enchen de turistas, aviva nel moitos recordos.

"É moi distinto ao que pode sentir esta xente, que vén visitar un pobo morto, pero nós retrocedemos ás vivencias da infancia, familiares, e eses recordos non se borran tan facilmente", explica Paco.

Dóenlle, especialmente, as pegadas incívicas que deixan algúns visitantes aínda que a maioría, aclara, veñen só para observar, atraídos polos efectos da seca sobre a paisaxe. "En Portugal aínda é peor. Aquí aínda hai algo de auga, pero alá está todo seco". "Isto é unha crise. Un desastre que temos. Castigo de Deus, como dirían os españois", sinalan dous visitantes portugueses.

A seca, iso si, non puido aínda coa fonte da aldea, para deleite dos numerosos visitantes en días de tanto calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos