Absolto un home acusado de agredir sexualmente á filla da súa ex parella en Ourense
O tribunal explica que non quedou acreditado que o sospeitoso realizase actos de natureza sexual coa menor

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu a un acusado de agredir sexualmente á filla da súa entón parella, coa que conviviu desde 2018 ata 2023, cando era menor de idade.
O tribunal explica na sentenza que non quedou acreditado que o sospeitoso realizase actos de natureza sexual coa menor e engade que, tras examinar e analizar en detalle os medios de proba practicados, conclúe que “lanzan dúbidas racionais sobre a súa virtualidade incriminatoria”, pois aprecia “déficits relevantes de coherencia interna e de persistencia”.
Segundo a resolución facilitada por fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os maxistrados consideran que ditos déficits “lanzan dúbidas racionais”, o que lles impide formarse “unha convicción fundada sobre o feitos obxecto de acusación”, polo que absolveron ao acusado. A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.
A fiscal reclamaba por estes feitos unha pena de cinco anos e nove meses de prisión por un delito continuado de agresión sexual e a acusación particular, sete.