Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abril comeza cun descenso do 6 % no prezo da electricidade e cunha suba das tarifas reguladas do gas

Abril comeza cun descenso do 6 % no prezo da electricidade e cunha suba das tarifas reguladas do gas

As tarifas reguladas do gas soben hoxe entre un 6 e un 8 por cento

O prezo da electricidade é case cinco veces o que marcaba hai apenas un ano, 52,12 euros

O prezo de hoxe sitúase preto dun 21 % por debaixo da media de marzo, o mes máis caro da historia

G24.gal 01/04/2022 09:57

O prezo da electricidade no mercado grosista arrincou abril cun descenso do 6 % este xoves, ata alcanzar os 224,75 euros por megawatt hora (MWh), segundo os datos da Operadora do Mercado Eléctrico Ibérico (OMIE).

A pesar deste novo descenso, o segundo consecutivo, o prezo da electricidade é case cinco veces o que marcaba hai apenas un ano (52,12 euros), e é máis dun 9 % superior ás cifras do pasado 24 de febreiro, cando comezou a guerra en Ucraína.

Por franxas horarias, o prezo máximo deste venres rexistrarase entre as 21:00 e as 22:00 horas, con 319,32 euros/MWh, mentres que o mínimo será de 176,44 euros/MWh entre as 3:00 e as 4:00 da mañá.

O prezo da electricidade o primeiro día de abril sitúase preto dun 21 % por debaixo da media de marzo, o mes máis caro da historia, e duplica o prezo medio de 2021, cando chegou aos 111,4 euros/MWh.

As tarifas reguladas do gas soben hoxe entre un 6 e un 8 por cento

As novas tarifas reguladas do gas natural (TUR), que entrarán en vigor a partir deste venres, suporán un incremento de entre case un 6 % e un 8 %, segundo os tramos, na factura anual dun consumidor medio acollido a elas.

A factura anual dos consumidores de TUR 1, con consumos anuais inferiores a 5.000 quilowatts hora (kWh), equivalentes a auga de cociña e calefacción, subirá un 5,91 %.

Os consumos anuais entre 5.000 e 15.000 kWh, TUR 2, dirixidos aos fogares que tamén utilizan calefacción, subirán un 7,24 %, e o dos consumidores da nova tarifa TUR 3, que consomen entre 15.000 e 50.000 kWh, será do 7,92 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade