Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os carburantes encadean a terceira semana de subas tras a redución do IVE

Os carburantes encadean a terceira semana de subas tras a redución do IVE

O gasóleo sitúase nos 1,6 euros por litro e a gasolina alcanza os 1,5 euros tras o incremento consecutivo nas últimas semanas 

EuropaPress EuropaPress
G24.gal 23/07/2026 10:32

O prezo dos carburantes continúa á alza e suma a terceira semana consecutiva de incrementos tras a redución do IVE ao 10 % a comezos de xullo. Segundo os datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea, o gasóleo sitúase nun prezo medio de 1.622 euros por litro, un 4,7 % máis ca a semana anterior, mentres que a gasolina mantén a tendencia ascendente indicada a finais de xuño. 

O cambio de tendencia produciuse despois de que o Goberno aprobase o pasado 29 de xuño un decreto para facer fronte ás consecuencias don conflito en Oriente Próximo, no que se eliminou a rebaixa o IVE dos carburantes. Como compensación, mantense unha redución no imposto especial de hidrocarburos de 15 céntimos por litro durante xullo, que será de 10 céntimos en agosto e de cinco en setembro. 

A pesar das dúas últimas subas, os prezos seguen por debaixo dos máximos alcanzados no verán do 2022, cando a gasolina superou os 2,14 euros por litro e ogasóleo chegou aos 2,10 euros. 

Máis de dez euros de diferenza nun depósito de gasóleo 

Con tarifas actuais, encher un depósito medio de 55 litros de gasóleo custa 89,11 euros, 10,45 euros máis que hai un ano. No caso da gasolina, o mesmo depósito supón un desembolso de 89,95 euros, case icnco euros máis que nas mesmas datas de 2025. 

O incremento dos prezos coincide coa subida do petrólo nos mercados internacionais, co barril de Brent preto dos 98 dólares e o West Texas arredor dos 90. 

Aínda así, España continúa rexistrando prezos inferiores aos da media europea. A gasolina custa menos que na Unión Europea e na zona euro, unha situación que tamén se repite no caso do petróleo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade