A Xunta reforza liñas pola eclipse e pide mercar os billetes con antelación
Monbus e Arriva intensifican os seus servizos de autobús
Monbus e Arriva reforzarán os seus servizos de autobús o vindeiro 12 de agosto nas liñas do Eixe Atlántico e da Mariña lucense con motivo da eclipse solar. A Xunta recomenda aos usuarios mercarr os billetes con antelación para facilitar a planificación dos servizos adicionais.
O conselleiro da Presidencia Diego Calvo lembrou que Galicia será un dos mellores lugares para observar o fenómeno e que se agardan miles de visistantes e desprazamentos. Os billetes para os autobuses de reforzo estarán dispoñibles, previsiblemente, a partir do 3 de agosto.
Activarase o Platerga
A Xunta tamén activará ese día o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) e reunirá no 112 o Centro de Coordinación Operativa Integrada (CECOPI) para facer un seguimento das posibles incidencias e coordinar o dispositivo pevisto.