Publicador de contidos

Abre en Vigo un espazo para facer autofotos

Abre en Vigo un espazo para facer autofotos

O local conta con quince decorados diferentes

G24.gal 03/12/2021 20:37

Para quen non teña abondo coas luces de Nadal ou sinta pudor por se retratar en plena rúa, estes decorados pretenden satisfacer o desexo de posar para un mesmo. E a poucos metros dos arcos de cores da Gran Vía viguesa. 

Gallery Selfie é o nome que recibe esta iniciativa, un dos primeiros negocios deste tipo que se pon en marcha na península. Está baseada na moda dos selfies para as redes sociais como forma de ocio pero tamén aspira a acoller proxetos profesionais. 

O lugar tamén está pensado para funcionar como galería de arte, espazo para celebración de eventos e plató para publicidade, cine e televisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos