Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abre ao tráfico o primeiro treito da autovía Nadela-Sarria

Abre ao tráfico o primeiro treito da autovía Nadela-Sarria

Por esta estrada circularán cada día 7.500 vehículos

G24.gal 23/11/2022 20:51

O corredor Sarria-Nadela abriu en 2008 deseñado xa para converterse en autovía cando o tráfico o requirise.

Desde este mércores, os dez quilómetros e medio que unen A Pobra de San Xiao con Sarria xa son de catro carrís, como pedían os empresarios da zona.

A obra custou 25 millóns de euros e o presidente Alfonso Rueda asegura que a Xunta xa traballa no proxecto para completar o desdobramento do corredor en autovía no treito que falta, da Pobra de San Xiao ata Lugo. Rueda destaca tamén que será de balde.

O presidente da Xunta pídelle ao Goberno central que cumpra coas infraestruturas que ten pendentes na provincia, como a autovía Lugo-Santiago ou as da Mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade