Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abertas ao baño as praias de Rodeira, en Cangas, e de Arealonga, en Redondela

Abertas ao baño as praias de Rodeira, en Cangas, e de Arealonga, en Redondela

Están abertas ao baño despois de manterse pechadas durante días tras detectarse a presenza de bacterias na auga

G24.gal 09/08/2023 12:22

A praia de Rodeira, situada no concello pontevedrés de Cangas, e a praia de Arealonga, situada na parroquia redondelana de Chapela, están abertas ao baño despois de manterse pechadas durante días tras detectarse a presenza de bacterias na auga.

Foi un informe da Consellería de Sanidade, encargada de realizar as análises, o que detectou unha presenza maior da recomendada da bacteria Escherichia Coli na auga de Rodeira, despois de coller unha mostra o pasado día 2 de agosto.

Por iso, prohibiuse o baño no areal desde a fin de semana ata que este pasado martes, sobre as 14:00 horas, foi reaberta a praia, segundo informan fontes do Concello.

A mesma situación deuse no areal de Arealonga, en Redondela, onde a mesma bacteria provocou que se pechase ao baño a praia. Con todo, segundo fontes da Consellería de Sanidade consultadas, xa está aberta ao público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade