Abde outorga unha pequena vantaxe ao Osasuna na semifinal
O equipo navarro derrota o Athletic por 1-0 e defenderá en Bilbao esa mínima diferenza

O Osasuna deu o primeiro paso para xogar a final cun triunfo pola mínima (1-0) ante o Athletic. A eliminatoria decidirase en Bilbao.
Os dous equipos saíron con moitas precaucións, e foi o Athletic o que tivo a mellor ocasión na primeira metade, pero Sergio Herrera fixo unha gran parada e salvou o equipo local.
Vencido hacia el otro lado. Tumbado en el suelo...
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 1, 2023
⛔️ Está parada de @SergioHerrera es brutal. #LaCopaMola pic.twitter.com/DDALnjWMMs
O encontro colleu outra dimensión na segunda parte. Cando só se levaban dous minutos, Abde marcou cun disparo cruzado e achegou o Osasuna á final.
⚡️ Velocidad, cambio de ritmo y a la jaula.
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) March 1, 2023
Golazo de Abde. #LaCopaMola pic.twitter.com/D5ktkGKqai
Abde foi o factor diferencial no encontro coa súa velocidade na parte esquerda do ataque navarro. O Athletic tentou acadar o empate pero non puido diante dun rival moi ordenado en defensa e levado polo seu público desexoso de conquistar a primeira Copa da súa historia.