A zona histórica de Ourense está chea de pintadas
Comerciantes e veciñanza denuncian que estes borranchos de spray denigran o corazón da cidade
Non hai rúa da zona histórica de Ourense que se libre destes borranchos de aerosol. As pintadas enchen as fachadas de casas, negocios, escaparates, mobiliario público e mesmo afean a catedral de Ourense, Ben de Interese Cultural, e o Arquivo Histórico.
Comerciantes, veciñanza e turistas concordan que estas pintadas denigran o corazón da cidade e piden que se persiga e castigue este vandalismo.
Dende a asociación de veciños Casco Vello din que esta é unha mostra máis do desleixo do Concello de Ourense coa zona vella. E dan posibles solucións contra o spray dende limpezas exaustivas, máis control policíal nestas zonas afectadas, que se sancione aos autores destes garabatos e se incida máis na educación.
Dende a Concellaría de Limpeza din que nos espazos públicos si se están a borrar as pintadas pero que nas propiedades privadas a limpeza deben realizala os donos.