Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza reclámalle a Competencia que sancione a Monbus e Alsa por repartimento do mercado

A xustiza reclámalle a Competencia que sancione a Monbus e Alsa por repartimento do mercado

Das 29 concesións que se contrataron, presentáronse a cinco agrupadas nunha Unión Temporal de Empresas

G24.gal 21/03/2023 16:18

O TSXG resolve que a Comisión Galega non analizou se se impediu concorrer a outras empresas de menor tamañoO TSXG falla que a Comisión Galega non analizou se se impediu concorrer a outras empresas de menor tamaño.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou á Comisión Galega da Competencia que incoe un expediente sancionador contra Monbus e Alsa "por indicios de poder repartirse o mercado".  

A sentenza retrotráese a 2020, cando ambas compañías concorreron a través dunha Unión Temporal de Empresas (UTE) a un concurso público de varios contratos de transporte por estrada.

Das 29 concesións que se contrataron, presentáronse a cinco en UTE.

En 2021, a Comisión Galega da Competencia arquivou as actuacións por mor das denuncias que presentaran a CIG e Traveiso Consultores de Gestión e Software de Transporte de Viajeros.

Despois, foi Travieso Software Transporte de Viajeros a que recorreu á xustiza a decisión deste organismo público autonómico.

A sentenza, do 10 de marzo, advirte que a mencionada comisión arquivou o caso "sen realizar a comprobación dos feitos denunciados, existindo indicios racionais de infracción".

Por tanto, os maxistrados do TSXG decretan a nulidade da resolución da Comisión Galega da Competencia.

Contra a sentenza do TSXG cabe presentar recurso de casación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade