Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza non autoriza as batidas de control do lobo en Cerdedo-Cotobade, Curtis e Ferrol

A xustiza non autoriza as batidas de control do lobo en Cerdedo-Cotobade, Curtis e Ferrol

O TSXG conclúe que non hai probas suficientes de que se producisen un aumento dos ataques de lobos

 

G24.gal 09/03/2026 16:42 Última actualización 09/03/2026 16:49

O TSXG denega á Xunta a autorización para realizar batidas de control do lobo nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Curtis e Ferrol.

A sala conclúe que non se demostrou un "cambio de circunstancias" que xustifique a modificación das medidas cautelares xa adoptadas, pois entende que os argumentos presentados sobre un incremento de ataques de lobos "non están apoiados por probas técnicas suficientes". Desta forma, desestima a solicitude de contracautela presentada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG destaca que as batidas de control solicitadas pola Xunta terían "evidentes consecuencias letais para os exemplares da especie de cuxa conservación se trata (lobo), omitindo a análise previa que o propio plan de xestión do lobo obriga a realizar".

A iso engade que "non se achega ningunha referencia técnica contrastada dun incremento de densidade poboacional que determine un verdadeiro cambio de circunstancias respecto ao valorado no auto firme de suspensión cautelar".

Na resolución, os maxistrados subliñan que a extracción solicitada implicaría "a morte de exemplares nun número indeterminado, que non se concreta, polo que non cabe descartar que se puidese producir un grave dano ao ecosistema".

Ademais, lembran que o TSXG "non se opon a medidas que non impliquen a extracción, admitindo a posibilidade de medidas que promovan a protección da gandería e da integridade das persoas, facéndoa compatible coa conservación da especie ameazada, nun desenvolvemento sostible do ecosistema".

Con todo, advirte que "tal e como se solicita a medida contracautelar ou modificación do auto, non é aceptable, ao non razoarse que tales medidas sexan compatibles coa adecuada conservación da especie, nin tampouco que se esgotaron todas as medidas preventivas necesarias para evitar ou paliar os danos e riscos alegados".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade