A xustiza apoia delimitar as zonas para a extracción de mexilla
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado polos bateeiros

Revés para os bateeiros. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso presentado polo sector contra a delimitación das zonas para a extracción da cría de mexillón.
A sentenza da a razón á Consellería do Mar xa que considera correctos os plans de xestión de recursos que marca áreas de exclusión para protexer ao percebe e o seu equilibrio coa mexilla.
Os percebeiros consideran xusta a decisión xudicial e agardan que supoña a fin do clonflito cos bateeiros.
"Nós (os percebeiros) non podemos sementar nin intentar crialo (o percebe) doutra maneira, isto é algo natural. En cambio eles (os bateeiros) teñen moitas maneiras como colectores e aínda poden ter outra solución. Entón nós cremos que isto é o que vai dar solución non só á nosa parte senón tamén á deles, por suposto", di José Antonio Santamaría, patrón maior da confraría de Aguiño.