Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta renova as axudas autonómicas para vítimas da violencia machista

A Xunta renova as axudas autonómicas para vítimas da violencia machista

O Goberno galego tamén ampliará un semestre a tarxeta básica

G24.gal 02/12/2021 14:51

Galicia mantense como a única comunidade con axudas autonómicas para as vítimas da violencia de xénero, ás que destinará máis de 5 millóns ata o 2023. O Consello da Xunta aprobou este xoves a convocatoria do ano que vén. As beneficiarias poderán acceder a axudas de 200 a 800 euros en función dos seus ingresos e das persoas que teñan a cargo. Estes apoios van dirixidos a mulleres maiores de idade que romperan a convivencia co seu agresor no último ano, vítimas da tráfico de persoas e vítimas tamén da violencia vicaria.

Ampliación da tarxeta básica

Na súa reunión semanal, o Goberno galego tamén acordou ampliar ata xuño a Tarxeta Básica á vista dos efectos económicos da pandemia que aínda seguen. Cincuenta e sete mil persoas se benefician en Galicia desta tarxeta moedeiro con entre 150 e 300 euros ao mes para comprar en supermercados e farmacias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade