Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ensino á carta, obxectivo da Estratexia galega de inclusión educativa

Ensino á carta, obxectivo da Estratexia galega de inclusión educativa

O Consello da Xunta aproba a Estratexia de inclusión educativa para, segundo dixo Alfonso Rueda, "blindar a igualdade"

G24.gal 05/05/2025 13:32 Última actualización 05/05/2025 15:04

O Consello da Xunta aprobou este luns a Estratexia de inclusión educativa, que, segundo explicou Alfonso Rueda, busca garantir un ensino á carta para que cada alumno poida aproveitar ao máximo as súas potencialidades.

A estratexia contará cun orzamento de 116 millóns de euros ata 2030, poñerase en marcha no próximo curso 2025-26 e terá entre as súas novidades a creación da Formación Profesional Adaptada, "para promover a permanencia do alumnado máis alá do ensino obrigatorio".

Destacou o presidente da Xunta a implicación da Administración galega coas persoas con necesidades especiais, e asegurou que "somos a comunidade na que máis rapaces con necesidades educativas están matriculados en centros ordinarios". "Fomos pioneiros en computar estes alumnos por dous ou por tres, para os efectos de establecer as ratios nas clases e practicamente duplicamos o número de profesores de apoio para estes alumnos", destacou.

Rueda sinalou que do que se trata é de "blindar a igualdade" con plans de apoio, e citou os dous primeiros os destinados a alumnos da ESO de etnia xitana, para previr o abandono temperá, e outro de estudantes con altas capacidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade