Cargando resultados...
O Deportivo Abanca busca recuperar o ritmo contra o DUX Logroño
As galegas acumulan tres derrotas consecutivas
G24.gal
11/10/2025 11:35
O Deportivo Abanca quere limpar a mala imaxe da semana pasada cando perdeu por 3-1 no campo do Alhama.
Esta tarde xoga en Riazor un partido moi importante diante do DUX Logroño. O cadro coruñés leva tres derrotas seguidas e agarda saír deste mal momento diante dun rival directo pola permanencia. Hoxe volven á casa. Ás sete. 7 xornada.
Fran Alonso agarda que as súas melloren a súa imaxe. "Temos que maquillar unha actuación que foi inaceptable, e non se pode volver repetir", dixo o técnico na previa.