Armando Requeixo: "Hai libros que cambiarían a historia da humanidade se fosen publicados a tempo"
'Literatura insólita', o novo libro de Armando Requeixo publicado na editorial Galaxia
Unha recompilación de curiosidades sobre escritores e obras de todos os tempos
As dedicatorias, os volumes raros, as erratas, ou as manías dos escritores forman parte do texto
Hai libros pantasma que se escribiron pero nunca naceron, hai autores que preveron o futuro, escritores que tiveron outros traballos ben curiosos, erratas gloriosas que se perpetuaron. A literatura está chea de anécdotas que o investigador e crítico, Armando Requeixo, recupéraas no libro 'Literatura insólita'.
Se Rimbaud escribiu boa parte da súa obra entre os 15 e 19 anos para despois deixalo, Rosalía de Castro escribía versos desde os 11, e Miguel Anxo Murado gañaba o premio do café Xixón con 17. As precocidades literarias conforman un, dos moitos e curiosos capítulos, deste libro do investigador do Ramón Piñeiro, profesor, crítico literario, divulgador en prensa, radio e TV, e de todas esas facetas saíu este documentado e singular gabinete de curiosidades.