Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG pide ao Goberno central medidas contra a dermatose nodular contaxiosa

O BNG pide ao Goberno central medidas contra a dermatose nodular contaxiosa

A dermatose nodular é unha enfermidade vírica que afecta ao vacún e que xa foi detectada en dúas explotacións de Cataluña

A senadora nacionalista Carmen da Silva considera que o impacto podería ser "devastador para centos de explotacións e miles de familias"

Imaxe de arquivo dunha explotación gandeira Imaxe de arquivo dunha explotación gandeira
G24.gal 11/10/2025 11:38

O BNG demanda ao Goberno central medidas urxentes para protexer o gando galego ante a chegada da dermatose nodular contaxiosa, unha enfermidade vírica que afecta ao vacún e que xa foi detectada en dúas explotacións de Cataluña.

A senadora nacionalista Carmen da Silva advertiu este sábado de que a situación xera unha "enorme preocupación" no sector agrogandeiro galego e o seu impacto podería ser "devastador para centos de explotacións e miles de familias".

Reclama, a senadora, que o Ministerio de Agricultura actúe con "máxima dilixencia" e en coordinación co Goberno galego, establecendo medidas de prevención, control e información.

"Débese garantir a subministración suficiente de vacinas fronte á dermatose nodular contaxiosa, de maneira que as comunidades autónomas poidan decidir a súa aplicación, especialmente en territorios de alto risco como Galicia", defendeu a senadora do BNG.

O BNG propón promover e divulgar campañas informativas, en colaboración coas comunidades, dirixidas ás persoas titulares de explotacións gandeiras e ao persoal transportista.

"Adoptar medidas de prevención e vixilancia reforzada, co fin de detectar e controlar posibles casos, evitar a súa propagación e garantir o control estrito do movemento de animais", sinalou.

A dermatose nodular contaxiosa é unha enfermidade de declaración obrigatoria e está clasificada pola Unión Europea como de categoría A, o que implica a adopción de medidas inmediatas para a súa erradicación.

Transmítese con facilidade entre animais e tamén a través de vectores como moscas, tabáns e carrachas.

Gandeiros alertan sobre xurros

Este sábado, a Asociación de Gandeiros e Gandeiras Elas Eles (AGG-EE) pediu ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e Cambio Climático "medidas drásticas" contra a dispersión da dermatose.

En concreto, solicitaron a prohibición temporal da aplicación de xurros e dixestatos manexados por xestores de residuos que non garantan unha "desinfección total", debido ao elevado risco de contaminación cruzada e ao "baleiro de control que xera a repartición de competencias".

A asociación sinalou que este virus é un "patóxeno de alta estabilidade", capaz de sobrevivir no xurro durante longos períodos, se non se aplica o tratamento adecuado

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade