Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mocidade de distintos países vai facer labores de voluntariado no Camiño

Mocidade de distintos países vai facer labores de voluntariado no Camiño

Un total 80 persoas, entre 18 e 30 anos, participan no programa XacobeAndo

Entre os seus cometidos está o acompañamento de grupos con necesidades especiais

Tamén van poñer en valor o patrimonio cultural e natural das distintas rutas

G24.gal 02/07/2022 14:48

Uns 80 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, de diferentes nacionalidades, participan este verán como voluntarios no programa XacobeAndo, da Xunta. Este sábado foron recibidos pola Conselleira de Política Social e Xuventude.

Fabiola García agradeceulles o traballo que van desempeñar no coidado e promoción das distintas rutas do Camiño de Santiago, animounos a divulgar as riquezas do Camiño nos seus países e destacou a importancia do labor do voluntariado.

Facer o Camiño de Santiago é unha experiencia que marca e deixa a súa pegada. Así o aseguran os peregrinos, e tamén os voluntarios que traballan para mellorar esa vivencia no programa da Xunta "XacobeAndo".

Kalliopi é grega, peregrinou a Santiago pola ruta portuguesa. Agora regresa ao Camiño como voluntaria para aportar a súa experiencia e facer de ponte intercultural ente camiñantes. 

"É importante crear esa ponte entre os peregrinos. Ás veces hai realidades que se cruzan pero que non se atopan e eu quería formar parte dese vínculo que se vai crear aquí", asegura.

Van colaborar en aspectos como a concienciación ambiental, a posta en valor do patrimonio cultural e natural, a creación de recursos dixitais sobre a experiencia no Camiño e o acompañamento e integración de grupos de persoas con necesidades especiais.

Deste xeito, axudarán ao coidado e promoción das diferentes rutas a Santiago, fomentando tamén a importancia da interculturalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar