Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta publica as datas de exame de 94 oposicións para cubrir máis de 1.500 prazas

A Xunta publica as datas de exame de 94 oposicións para cubrir máis de 1.500 prazas

O proceso está previsto que comece neste próximo mes de xullo e que remate o último no mes de marzo do próximo ano

Consulta AQUÍ a data de cada unha das probas de oposición

G24.gal 10/05/2023 16:23

A Xunta de Galicia vén de publicar o calendario de oposicións para 94 procesos selectivos abertos e que se prevé comecen no próximo mes de xuño e estean rematados en marzo.

Nestas oposicións está previsto que participen uns 69.000 aspirantes que optan a 1.548 prazas de emprego público.

24 exames realizaranse no mes de xuño9 no de xullo.

Os restantes irán de setembro a marzo de 2024 e correspóndense con procesos de estabilización. Serán o 5 en setembro, 11 en novembro, 2 en decembro, 25 en xaneiro, 12 en febreiro, e o derradeiro en marzo.

Os primeiros en examinarse farano o 10 de xuño e serán os que opten a prazas de enxeñaría industrial, arqueólogos, e os da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Os últimos en facelo farán a proba o 16 de marzo, xa de 2024, e serán os candidatos a auxiliar para a cobertura de prazas de discapacidade intelectual. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade