Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prevé que a rehabilitación dos antigos xulgados de Vigo comece a finais de ano e estea lista en 2026

A Xunta prevé que a rehabilitación dos antigos xulgados de Vigo comece a finais de ano e estea lista en 2026

O Consello aprobou este luns a licitación por 19,4 millóns de euros

As instalacións pasarán a ser espazos de ocupación temporal por parte de asociacións e entidades sociais da cidade

G24.gal 06/08/2024 15:48

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, prevé que a rehabilitación do antigo edificio dos xulgados de Vigo comece a finais deste ano e estea lista en 2026, cun período de obra de 16 meses. Así o sinalou este martes en Vigo na presentación do proxecto.

Situadas na rúa Lalín, as instalacións pasarán a ser espazos de ocupación temporal por parte de asociacións e entidades sociais da cidade. De feito contará con preto de 100 oficinas para estes grupos, tratándose así dun "símbolo e un exemplo máis do compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio para novos usos", como xa se fixo coa Cidade da Xustiza, que herdou o edificio do antigo Hospital Xeral.

Calvo sinalou que o Consello aprobou este luns a licitación por 19,4 millóns de euros, despois de que o arquitecto Alfonso Penela gañase o concurso de ideas.

 Penela explicou como será o novo edificio, que contará cunha terraza duns 400 metros cadrados na azotea, un auditorio dunhas 400 butacas e espazos para case 100 asociacións.

A idea é manter cerca do 60-70% das instalacións actualmente construídas e facer un inmoble sostible, con practicamente consumo 0 de enerxía debido a que terá paneis solares e outros sistemas para reducir o uso de electricidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade