Nova vaga de roubos no interior dos coches na periferia de Lugo
Os ladróns romperon as xanelas dos vehículos aparcados en diversos barrios da cidade
O barrio de Garabolos foi de novo unha das zonas máis castigadas na última vaga de roubos nos coches rexistrada en Lugo. Aproveitando a falta de iluminación pública, romperon os cristais de varios vehículos estacionados á beira da rolda norte.
Xunto con Garabolos, a Piringalla e A Cheda foron outros barrios da cidade onde se denunciaron subtraccións nos coches aparcados. É dicir, en zonas da periferia urbana menos transitadas e peor iluminadas. Os veciños demandan, por tanto, máis puntos de luz e unha maior vixilancia.
Tras as denuncias presentadas, a policía investiga agora a autoría destes feitos, como xa ocorrera a finais de xuño. Daquela un operativo desenvolvido na contorna do HULA permitira a detención de dúas persoas e o ingreso en prisión dunha delas.