Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pide aumentar a declaración BIC de 50 bens máis do Pazo de Meirás

A Xunta pide aumentar a declaración BIC de 50 bens máis do Pazo de Meirás

Considera que son elementos relacionados con Emilia Pardo Bazán e co papel do Pazo como casa da Xefatura do Estado

G24.gal 02/07/2022 19:33

A Xunta de Galicia pediulle este sábado ao Goberno central aumentar a lista dos bens reclamados polo Estado como Bens de Interese Cultural (BIC) no Pazo de Meirás, de xeito que pasen de 50 a 100.

"A Xunta demandoulle ao Estado que, máis aló dos bens que o propio Estado reclama, 50 aproximadamente, se incremente a reclamación ao redor doutros 50, entendendo que algúns bens están relacionados con Emilia Pardo Bazán e o papel do Pazo como casa da Xefatura do Estado", declarou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade, Román Rodríguez.

Segundo explicou, o Goberno galego reclama este aumento porque son elementos que "están no interior do Pazo, forman parte da propia historia do Pazo e son necesarios para entender o que significou ao longo do tempo".

Na súa intervención, Rodríguez asegurou que a única maneira de que os bens pasen a ser públicos é "pola vía xudicial" e aclarou que a declaración BIC non supón "en ningún caso" que os bens pasen a ser públicos.

"Simplemente é unha protección de carácter cultural, pero non afecta á propiedade", engadiu.

Obxectivo común

O conselleiro declarou que tanto a Xunta coma o Estado teñen o mesmo obxectivo.

"Que os bens mobles que forman parte da Historia do Pazo e que chegaron a ser propiedade da familia Franco por unha vía semellante á que chegou o propio edificio, pasen a ser públicos".

Doutra banda, Rodríguez tachou de "incoherente" declarar como BIC "bens privativos" propiedade da familia Franco, xa que iso podería "transferirlle á mesma recursos económicos por parte de Galicia", algo que desde a Xunta rexeitan.

Por último, o conselleiro puxo sobre a mesa a necesidade de traballar de forma unificada e coordinada co Estado na listaxe de bens que ambas as dúas institucións reclaman e "manter unha liña de acción común".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos