Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta laranxa por calor en 74 municipios de Ourense e Pontevedra

Alerta laranxa por calor en 74 municipios de Ourense e Pontevedra

Tamén continúa a suspensión da actividade deportiva federada ao aire libre

No interior da Coruña e na montaña de Lugo as temperaturas poden superar os 34 °C e en Pontevedra, os 39 °C

directo Directo da cámara da CSAG en Celanova
G24.gal 07/08/2025 13:55 Última actualización 07/08/2025 18:18

A Xunta situou este xoves en nivel laranxa a 74 municipios galegos correspondentes a zonas de Ourense (Miño, montaña, noroeste e Valdeorras) e Pontevedra (interior) e son as mesmas que estaban nesta situación o mércores.

Nesta liña, tamén queda suspendida de novo a actividade deportiva federada ata as 21:00 horas. Son xa 16 municipios menos que o martes, onde a norma aplicaba a 90 en total.

Seguen quedando exentas da prohibición as actividades acuáticas, mais segue recomendándose non facelas entre as 12:00 e as 17:00 horas. 

En total, en todo Ourense, a alerta afecta a un total de 58 concellos distribuídos polo Miño de Ourense, a montaña e o noroeste de Ourense e Valdeorras, municipio que leva moi marcado polas temperaturas toda a semana. En Pontevedra son 16 municipios.

Así é que estas zonas de Ourense permanecerán en alerta laranxa por calor a tarde deste xoves ata o atardecer. Segundo MeteoGalicia, existe un risco alto nesas zonas de superar os 39 °C en horas centrais da tarde.

Por outro lado son oito as zonas de Galicia que se sitúan en alerta amarela durante este tempo. En cinco delas espéranse máximas por enriba dos 36 °C, mentres que no interior da Coruña e a montaña de Lugo estarán en risco amarelo por temperaturas superiores aos 34 °C.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade