Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de calor deixa temperaturas por riba dos 40 graos en moitos puntos de España

A vaga de calor deixa temperaturas por riba dos 40 graos en moitos puntos de España

Hai 15 comunidades e un total de 44 provincias en aviso amarelo ou laranxa por temperaturas extremas

A peor parte lévana o sur peninsular e as illas Canarias, con aviso vermello

Todas as comunidades autónomas, salvo Asturias, van comezar a semana con avisos por calor, con 12 delas en nivel laranxa e as illas Canarias repiten o luns o aviso vermello

G24.gal 10/08/2025 20:46

As temperaturas extremas non dan un respiro e manteñen a situación de aviso laranxa ou amarelo na maior parte de España, con especial incidencia nas illas Canarias, que mantén o aviso vermello. Este domingo as temperaturas superaron en moitos puntos do país os 40 graos. O luns a vaga de calor continúa.

Rúas desertas nas horas centrais do día e termómetros que marcan os corenta graos. A vaga de calor non dá tregua en gran parte de España. Hai 15 comunidades, e un total de 44 provincias, en aviso amarelo ou laranxa pola calor sufocante.

A peor parte lévana o sur peninsular e as Illas Canarias con aviso vermello por temperaturas extremas que superaron os 40 graos. Con esta situación abafante moitos buscaron refuxio en praias e piscinas.

"Lévoo moi mal a verdade e como se pode. Aquí estamos, vimos a esta hora á praia a refrescarnos un pouquiño", di unha muller das illas Canarias.

Nas Canarias as temperaturas mínimas previstas son de máis de 28 ou 30 graos.

Na península, a alerta é laranxa nas comunidades de Andalucía, Aragón, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Estremadura, Galicia, Navarra, a Rioxa e Madrid.

"Hai que hidratarse e ter moito coidado nas horas centrais do día, non saír".

"Vimos ao río que na praia hai demasiada xente".

"Horrible vamos, unha calor horrible, insoportable", comentan outras persoas.

As altas temperaturas que rexistra a comunidade de Madrid provocáronlle un golpe de calor a un mozo de 25 anos, que foi trasladado ao Hospital da Paz, onde permanece en estado grave.

Todas as comunidades autónomas, salvo Asturias, van comezar a semana con avisos por calor, con 12 delas en nivel laranxa por altas temperaturas e as Illas Canarias repiten o luns o aviso vermello. 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía segue mantendo ata o xoves a vaga de calor en boa parte de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade