A Xunta licita os proxectos de urbanización de sete plans residenciais para construír case 15.000 vivendas
A Xunta licita os proxectos de urbanización de sete plans residenciais para construír case 15.000 vivendas
A Administración autonomica agarda que nestes sete Proxectos de Interese Autonómico (PIA) se poidan iniciar as obras de urbanización no próximo ano
O Consello da Xunta aprobou este luns licitar a redacción dos proxectos de urbanización de sete Proxectos de Interese Autonómico (PIA) de tipo residencial que permitirán construír case 15.000 vivendas en sete cidades e vilas do país, das que o 83 % terán carácter protexido.
Segundo explicou Alfonso Rueda, estes sete proxectos son os que están máis avanzados do total de 14 que a Xunta ten en marcha, e agárdase que unha vez que se aproben os proxectos de urbanización, as obras estean en marcha xa no próximo ano 2027.
Estes sete PIA son os proxectados na zona de Mallou, en Santiago; en Monte Mero, na Coruña; na Baiuca-A Penouqueira, en Arteixo; Sagrado Corazón, en Lugo; Escorial-O Vinteún; en Ourense; San Mauro, en Pontevedra e o Ofimático en Vigo.