Campaña de recollida de medicamentos e material sanitario para Venezuela
A comunidade de venezolanos da Estrada iniciou unha campaña de recollida de medicamentos e material sanitario para poder dar resposta ás necesidades máis urxentes que chegan agora mesmo dende o país suramericano
A comunidade de venezolanos na Estrada está recollendo útiles para enviar aos seus compatriotas afectados tras os dous terremotos do pasado mércores. O máis urxente agora mesmo son os medicamentos e material cirúrxico.
"Necesítanse tensiómetros, termómetros, gasasa, máscaras e medicamentos sobre todo par aos máis pequenos. Antinbióticos, soros, solucións...".
Na Estrada hai tres puntos de recollida. Os bares Antojos e Acrópolis e este espazo chamado Tu Lugar de Encuentro. Un día despois da traxedia, e en colaboración coa Federación de Venezolanos de Galicia, que se encargará de realizar o envío, iniciaron esta campaña tras coñecer a crúa realidade que chega a través dos familiares e amigos que seguen alí.
"A Guaira ten o seu hospital non estivo afectado pero colapsou pola cantidade de persoas feridas. Dende bebés recén nacidos que os temos ata as persoas adultas e maiores. Todos eles necesitan o noso grao de area".
Todas aquelas persoas que desexen axudar poden facelo a través da páxina de FEVEGA, a Federación Venezolana de Galicia, a encargada de coordinar toda a axuda humanitaria.