Publicador de contidos

Publicador de contidos

A inflación mantense no 3,2 % en xuño, a pesar da suba do gas e a luz

A inflación mantense no 3,2 % en xuño, a pesar da suba do gas e a luz

O abaratamento dos combustibles para vehículos compensou o incremento dos prezos da enerxía

G24.gal 29/06/2026 09:06

A inflación mantívose no 3,2 % en xuño, a mesma taxa que en maio, nun mes no que a electricidade e o gas impulsaron os prezos á alza, aínda que este incremento compensou co abaratamento dos combustibles e lubricantes para vehículos privados.

O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este luns o dato adiantado do Índice de Prezos de Consumo (IPC) de xuño, un mes no que xa deixaron de aplicarse algunhas das medidas fiscais postas en marcha polo Goberno para facer fronte ao impacto da guerra en Oriente Medio.

Co dato de xuño, a inflación encadea catro meses consecutivos por encima do 3 %, os tres últimos fixada nese 3,2 %.

En canto á inflación subxacente (sen ter en conta os prezos de alimentos non elaborados nin de produtos enerxéticos, normalmente máis volátiles que o resto), a taxa de variación anual estimada diminúe unha décima, ata o 2,9 %.

O INE publicará os datos definitivos do IPC de xuño o próximo 15 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade