Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta fai salas de agarda máis confortables para enfermos de cancro

A Xunta fai salas de agarda máis confortables para enfermos de cancro

Alfonso Rueda asegura que estarán operativas, como mínimo, nos hospitais de referencia de Galicia

Os enfermos de cancro din que é moi importante seguir humanizando a sanidade

G24.gal 26/02/2026 20:36

Unha vella terraza en desuso do hospital Clínico de Santiago é agora unha sala de espera confortable para os doentes de cancro. 

María José Rodríguez, paciente, explica que  "cada paso que se dea para humanizar os espazos nos que pasamos tantas horas é un gran avance".

A humanización da sanidade non ten que ver só cos espazos senón tamén coa atención.

Para o oncólogo Rafael López  o importante é "on fixarnos tanto na enfermidade como no doente en todos os conceptos".

A Xunta vai facer máis salas de agarda coma a do hospital compostelán. 

Alfonso Rueda asegura que estarán "como mínimo, en todos os hospitais de referencia" . 

A Xunta destinou un millón de euros á reforma da sala de agarda do CHUS. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade