Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta cre que Renfe pode estar abusando do seu monopolio ao bloquear a compra anticipada de billetes

A Xunta cre que Renfe pode estar abusando do seu monopolio ao bloquear a compra anticipada de billetes

O Consello da Xunta acordou pedir á Comisión Galega da Competencia que analice a situación

G24.gal 19/05/2025 13:54

"Non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco menos", advertía este luns o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para criticar que Renfe non permita a compra anticipada de billetes para calquera data do ano en trens con orixe ou destino en Galicia.

Así, na reunión do Consello da Xunta deste luns, o Executivo galego acordou solicitar un informe á Comisión Galega da Competencia para que avalíe "a posible conduta abusiva de Renfe" polo bloqueo da venda anticipada

A Xunta quere que se defina se "esta practica pode considerarse un abuso de dominio, dado o monopolio de Renfe no transporte de pasaxeiros", explicaba Calvo, quen sinalaba que "os galegos teñen dereito a gozar dun servizo ferroviario, moderno, áxil e eficiente, en que calquera usuario teña os mesmos dereitos, viva onde viva".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade