Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aena propón un calendario para coordinar os aeroportos galegos e atraer novas rutas

Aena propón un calendario para coordinar os aeroportos galegos e atraer novas rutas

Antes de final de ano Aena comprométese a ter rematado un plan conxunto dos tres que temos en Galicia para presentar novas rutas ás compañías aéreas

É a conclusión da primeira reunión do grupo de traballo que se constituíu para intentar ter máis voos dende Galicia

G24.gal 05/11/2025 14:46

Aena presentou a súa diagnose dos tres aeroportos galegos ás institucións que forman o grupo de traballo na súa primeira xuntanza en Santiago. A partir de aí propuxo un calendario co obxectivo de mellorar a coordinación e comprométese a buscar novas compañías aéreas que operen con novas rutas no país.  

O punto de partida é a preparación de casos de negocio "cos que poder realizar unha interlocución efectiva" coas aeroliñas que poden cubrir rutas potenciais, así como definir accións de promoción das administracións locais para atraer ás compañías aéreas.

A xestora levou a cabo máis dunha vintena de reunións con aeroliñas este 2025 e presentou ao redor de sesenta propostas de rutas para operar nos aeroportos galegos.

Froito destas reunións é o novo servizo Santiago-Nova York, que se anunciou recentemente, e que comezará a operar en 2026.

Desde Aena non contemplan limitar ningún destino en ningunha cidade. Neste sentido, o Concello de Santiago defende a toma de decisións pensando nas necesidades dos tres aeroportos galegos. 

Vigo fai fincapé nos viaxeiros de negocios e nos estudantes. 

A Xunta deu conta das campañas para a promoción do turismo, que aumenta en Galicia cada ano, e pide a Aena un plan de investimentos. 

O grupo de traballo volverase reunir nos próximos días co obxectivo de potenciar a coordinación entre os tres aeroportos galegos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade