Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural permite desde este mércores as queimas agrícolas

Medio Rural permite desde este mércores as queimas agrícolas

A solicitude pode efectuarse a través da web da Consellería ou chamando ao 012

Queimas agrícolas Queimas agrícolas
G24.gal 05/11/2025 14:15

A Consellería do Medio Rural informou de que, desde este mércores 5 de novembro, reactivará as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na Comunidade Autónoma, así como as solicitudes de autorización para as de restos forestais amontoados.

Así, aquelas persoas que soliciten un novo permiso este mércores, deben ter en conta que as comunicación teñen que efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, polo que poderán levala a cabo a partir deste venres, 7 de novembro. Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica habilitada por Medio Rural ou mediante unha chamada ao 012.

Os cidadáns interesados deben confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/o material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/o gandeiras”. Se o trámite é realizado mediante unha chamada ao 012, deberán informar tamén desas circunstancias por teléfono.

Ademais, tamén se retoman as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais acumulados. Neste caso, e como vén sendo habitual, é necesaria a autorización administrativa, dado que representa maior risco de incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade