Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operación retorno nas estradas galegas con tráfico fluido

Operación retorno nas estradas galegas con tráfico fluido

A DXT estima uns oitocentos mil desprazamentos nesta segunda fase da volta das vacacións de Semana Santa

Os maiores problemas espéranse cara a tardiña nas grandes vías de entrada as cidades principais galegas

Especial precaución nas estradas secundarias onde se rexistra o 90% dos sinistros

G24.gal 05/04/2026 14:38

Dende o centro de Control de Tráfico do Noroeste confirmaban este domingo que a operación retorno de Semana Santa marchaba sen incidencias especiais, con circulación fluída e ausencia de sinistros graves.

Aínda que en lugares concretos, como en Padrón, que celebraba a Pascua, rexistraba momentos de circulación máis densa. No resto, tranquilidade.

"Veño da casa e normal o tráfico, coma un domingo máis", comenta un condutor en Santiago de Compostela.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) estimaba nuns oitocentos mil os desprazamentos polas estradas galegas durante esta segunda fase da operación retorno, cun lixeiro aumento con respecto o ano pasado.

"Veño de Portugal e o tráfico pilleino marabilloso. A verdade é que vín por autoestrada e non tiven ningún atoamento. Si que onte foi incrible a operación saída cara Portugal porque había milleiros de persoas que ían cara alí. Si que pillei atasco, pero hoxe marabilloso", comenta outro condutor.

A maior densidade de tráfico esperase cara á a tardiña e nas autoestradas e autovías cara as principais cidades galegas. Aínda así a DXT segue insistindo na necesidade de graduar a volta, evitar as distraccións e o móbil, e sobre todo, aumentar a precaución nas estradas secundarias onde se produce o 90% dos sinistros viarios. Cómpre lembrar que esta é a primeira campaña onde é obrigatorio o uso da baliza luminosa.

A Garda Civil de Tráfico está intensificando a súa presenza mediante controis para garantir un retorno seguro. De feito, só esta noite o 112 informaba de seis feridos en tres accidentes esta madrugada, e no que vai de ano as estradas galegas xa se cobraron a vida de 21 persoas. Por iso, a precaución é  un ano máis a mellor compañeira de viaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade